V Exposición de Camelias de Rubiáns 2013 - Memorial María del Carmen Fontán
Cando a Asociación de Veciños creou a Exposición da Camelia de Rubiáns, puxo a súa casa e a súa finca á nosa disposición, para que a Asociación fixese a visita guiada polos seus xardíns, asumindo o papel de perfecta anfitriona.
O Alcalde de Vilagarcía de Arousa, D. Tomás Fole Díaz, e no seu nome, o Presidente da Asociación O Souto D. Xurxo Abuín Rodríguez teñen o pracer de convidalo/a a participar na V EXPOSICION DA CAMELIA de Rubians, que terá lugar os vindeiros 02 e 03 de febreiro, no Centro Sociocultural o Souto.
Agardando a súa participación, reciba un cordial saúdo.
Vilagarcía de Arousa. xaneiro de 2013.