mércores, febreiro 16, 2011

Carta Aberta ó Sr.Fole
Xurxo Abuín
Presidente da AAVVCC "O Souto"
CARTA ABERTA Ó CANDIDATO Á ALCALDÍA SR FOLE
Aledóume vostede o día Sr. Fole, cando lín as súas declaracións na
prensa de hoxe. Aledóume porque vexo que está vostede desesperado,
cando arremete sen pensar nas súas consecuencias, contra unha
Asociación de Veciños que nestes 3 anos e medio de existencia
demostrou sobradamente unha capacidade de traballo que xa vostede
querría para os dirixentes das Asociacións que controla o seu partido.
Cando entrei na política municipal, alá por maio do 91, unha das
primeiras cousas que aprendín, é que, como dicía un dos líderes do
BNG, cando se fala cos medios non se pode "botar a língua a pacer". E
vostede "bota a língua a pacer" cando dí as estupideces que dí na
prensa de hoxe, como que "parece que se olvidó por completo de su
función como portavoz de la asociación de vecinos y, por tanto, de su
causa a favor de la reforma de la plaza". cando califica de
"indignante o cambio de actitude de Xurxo Abuín" desde que "ya
consiguió su objetivo que era ir en las listas y que, precisamente por
eso, ya no puede criticar al bipartito".
Mire vostede:
1º: Xurxo Abuín aceptou ir nas listas do BNG fai xa uns 6 meses, e non
o buscou, senón que llo pediron. Ó mellor é porque o BNG adoita levar
nas súas listas xente traballadora, xente que traballa nos sindicatos,
nos barrios, nos movementos sociais…
2º: Se vostede non fose tan vago, tería visitado Rubiáns, e por ende
sabería que a continuación das obras da Praza de "O Souto" é xa unha
realidade: xa prepararon o terreo, retirando os palets de pedra que
atrancaban o espacio, xa colocaron os bordillos, e xa colocaron a capa
de hormigón sobre a que se van colocar as lousas de pedra, co cual, se
todo sae como a Asociación e o Grupo de Goberno do Concello esperamos,
a Paraza estará lista para a Festa da Camelia.
3º: A razón do silencio mediático da Asociación neste tema é que
recibimos de Tania García, concelleira de Teritorio, garantías
suficientes como para crer no seu compromiso, e os veciños, o que
buscamos e eficacia, non aparecer a decote nos medios de comunicación
a non ser que sexa imprescindible, e neste caso, os feitos confirman o
que decimos.
4º: A Asociacion Veciñal e Cultural "O Souto" leva a cabo durante todo
ano unha actividade frenética, só limitada pola súa capacidade
económica para o desenrolo de tal actividade: Lémbrolle como mais
salientables pola repercusión que acadan, a Festa do Carneiro, a
Exposición da Camelia (este ano o 19 e 20 de marzo), que exceptuando á
Internacional, pode competir, e incluso sacarlle os colores a outras
organizadas por concellos da provincia, sen esquecé-la Exposición de
motos antiguas, o Ciclo de Música Coral, os concertos que ofrecemos na
Semán das Letras Galegas, a ludotecas que facemos cada ano ó longo de
todo o verán, a exposición de maquetas "Modelama", as exposicións de
pintura de Carlos Maño, Sindo Caramés, Mon Costa, ou a de pintura
sobre seda de María Feixoó, ou as actuacións de grupos de categoría
internacional, como o de danza "Entrecaixas", ou o de danza española
"El taller de flamenco", ou o concerto de blues a cargo de Marcos Coll
& Peter Crow que ofreceremos o domingo día 20, e moitas mais que por
razóns de espacio non vou citar, pero que vostede lembrará, xa que a
moitas delas veu facerse a foto na inauguración ou na clausura.
5º: Todo esto non é traballo meu: é o fruto do esforzo dun nutrido
grupo de persoas que, sen percibir un cuantioso soldo da Deputación
como é o seu caso por facer algo que nadie sabe moi ben en que
consiste nen en que horario o fai, traballan arreo na defensa dos
intereses de Rubiáns, e coas que me sinto orgulloso de conformar a
Xunta Directiva da Asociación.
6º: E xa para rematar, animalo a seguir pola senda que vostede
elexíu. Vilagarcía merece o mellor Xefe da Oposición que poida acadar,
e ese, sen dúbida que é vostede. Por certo, queda vostede invitado á
inauguración da Praza de O Souto, que terá lugar o mes que ven.

Rubiáns a 12 de febreiro de 2.011
Asdo: Xurxo Abuín
(Seguen as sinaturas dos membros da Xunta Directiva de "O Souto")

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.