O colectivo tomou a decisión logo de manter unha xuntanza coaalcaldesa. Dolores García prometeu consultar as súas demandas cos técnicos.
Ás doce da mañá preto de corenta veciños de Rubiáns reuníanse diante do concello de Vilagarcía para intentar que a alcaldesa os recibira no seu despacho. A decisión tomárona onte á noite nunha xuntanza extraordinaria da Asociación Veciñal. Dolores García recibiunos, pero non a todos, unha decisión que xa levantou suspicacias entre o colectivo.
Na reunión, o presidente da Asociación de Veciños, Xurxo Abuín, insistiu en solicitar á alcaldesa que se reformulen as obras que se están a realizar no campo da festa e sigan o proxecto presentado polos veciños e acordado, sosteñen, co edil de xestión do territorio. Dolores García comprometeuse a falar de novo cos técnicos e darlles unha resposta. A asociación concederalles este tempo, pero antes paralizarán a obra.
(Fonte: Canal Rias Baixas)
Os trámites deben axilizarse, cando menos a primeira fase das obras. Se non está rematada a 15 de novembro, o concello perderá a subvención para custear os traballos.
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario