
Feira da Camelia de Rubiáns triplica nesta segunda edición a superficie de exposición da primeira. Se daquela foron 60 metros cadrados os que acolleron aos máis de trinta participantes que se deron cita nela, este ano adicaranse á mostra case douscentos metros.
Os organizadores tamén confían en que se incremente o número de expositores. Sirva como referencia que se na primeira exposición a meirande parte dos participantes eran da comarca do Salnés para a exposición deste ano xa hai inscritos cultivadores de Pontevedra, Vigo e outras comarcas.
Expresión dunha tradición
A idea de crear a Feira-Exposición da Camelia xurdiu hai dous anos como unha consecuencia natural da expresión da tradición no cultivo desta flor que hai nesta parroquia vilagarciá.
Cabe lembrar que as primeiras camelias das que se ten constancia na comarca proveñen dunha doazón do duque de Caminha (Portugal) ao marquesado de Rubiáns. Polo tanto considérase que a camelia introdúxose no Salnés a través desta parroquia.
A asociación O Souto quixo que esa tradición tivera unha manifestación a través dunha feira-exposición de celebración anual, excepto naqueles exercicios nos que a Vilagarcía lle corresponda por turno organizar o Certame Internacional da Camelia, como foi o caso de 2009.
Programa
SÁBADO 6 DE FEBREIRO
17.00 h.: Inauguración da II Feira-Exposición da Camelia de Rubiáns
17.15 h.: Visita guiada á finca de Fontán, en Rubiáns. A visita será conducida por Fernando Vilas, cultivador de camelias.
20.00 h.: Conferencia sobre a camelia a cargo de Daniel Domínguez (cultivador do Grove e experto en camelias).
DOMINGO 7 DE FEBREIRO
10.00 h.: Apertura da exposición de camelias, que permañecerá ininterrumpidamente aberta ao público ata ás 20 horas.
12.30 h.: Charla-coloquio sobre o inxerto no cultivo da camelia a cargo de Leonor Magariños (cultivadora de Cuntis)
17.00 h.: Visita guiada ao xardín do pazo de Rubiáns. A visita será conducida por Fernando Vilas, cultivador de camelias, e por dúas técnicas da concellería de Turismo de Vilagarcía.
20.00 h.: Clausura da exposición e reparto de flores entre os asistentes.
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario