sábado, decembro 19, 2009

A asociación veciñal e cultural "O Souto"´organiza o festival Folclórico de Nadal, un espectáculo a desenvolver no centro socio cultural de Rubiáns e que contatá coa actuación de grupos de baile galego e nacional.

O festival iniciarase coa actuación do propio grupo da asociación "O Souto", á que seguirán a formación da asociación cultural "Xeada", de Cornazo e á da Banda de Gaitas e Baile "Mar de Arousa", de Bamio.
Nunha segunda parte, o espectáculo contará coa presencia de dúascompañías profesionais. En primeiro lugar actuará o grupo de danza española "Entre Caixas" e pechará o evento a compañía de baile flamenco, "El Taller".

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.