Foron precisamente o presidente deste colectivo de Rubiáns, Xurxo Abuín, e o edil Xosé Castro Ratón os que presentaron unha iniciativa máis posta en marcha nesta parroquia como elemento de dinamización da cultura e co afán de descentralizar este tipo de actividades. A inauguración está prevista para este sábado ás sete da tarde.
Todos os interesados en disfrutar da proposta de Carlos Maño, nesta ocasión será unha ducia de obras, terán ocasión de facelo dende a apertura da mostra e ata o 31 de maio. O presidente de "O Souto" indicou que a mostra permanecerá aberta en horario de tarde, entre as 17 e as 23 horas.
Xurxo Abuín explicou que os cadros de Maño son de gran formato, polo que o espazo dispoñible no Centro Sociocultural de Rubiáns só permitirá mostrar unha ducia dos traballos deste artista que vive en Rubiáns.
O presidente do colectivo veciñal adiantou que "entender un cadro de Maño é complexo" e definiu as súas obras como "unha especie de síntese entre o expresionismo e o pop-art".
Dende a asociación veciñal mostran a súa confianza en que esta exposición sexa todo un éxito en Rubiáns e confían en poder continuar ofrecendo aos veciños da parroquia outras exposicións de pintura.
(Fonte: Diario De Arousa)
Podes vela obra de Carlos Maño na sua páxina http://www.carlosmano.com/
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario