luns, maio 18, 2009

A calidez de Tino Baz gañouse a Rubiáns

A Asociación Veciñal e Cultural "O Souto", iniciaba o sábado día 9 os actos para celebrá-la Semana das Letras. E o fixo cun concerto do cantautor Tino Baz. Os directivos estabamos preocupados pola aceptación que pudiera ter dito concerto, e todo hai que decilo, nos preocupaba que a poesía que canta Tino non lle gustara ó respetable.

 

Pero a realidade deixóunos abraiados: O éxito foi rotundo. Os asistentes, a partires do segundo tema que interpretou, volcáronse con Tino, adicándolle ó remate de cada un dos temas, unha salva de aplausos como non se tiña escoitado en Rubiáns dende fai moito tempo, aplausos que o cantautor miñoto soubo agradecer levando repetidamente a mán ó corazón.

 

Corazón foi o que Tino puxo na hora larga de actuación, para, antes dos bises, agradecer de múltiples maneiras a colaboración e complicidade do público, palabras que algúns dos asistentes supoñían que eran parte da posta en escea. Pois non. Reproducimos aquí un dos artículos de prensa, recollidos en Internet, concretamente en http://www.galiciasuroeste.info/local.htm

 

Tino Baz cantará en distintos escenarios neste mes de maio deixando a súa voz de trobador do século XXI

         O cantautor local, Tino Baz, que o pasado sábado cantou en Rubiáns (Vilagarcía) nun concerto organizado con motivo do Día dás Letras Galegas do que veu emocionado polo trato e os prolongados aplausos recibidos que lle fan falar de "extraordinaria concorrencia e resposta cálida e emotiva; memorable" do público,  cantará mañá no cárcere de Teixeiro de Lugo, no módulo de Educación. Será ás10.30 horas cando soará a súa voz nun concerto que é posible porque Teresa, membro do grupo A Quenlla, exerce de mestra neste centro.

            O xoves, día 14, estará no CEIP de Padrenda dando un concerto-obradoiro de instrumentos populares para nenos de primaria e secundaria.

             O venres, 15, recibirano no Auditorio Luís Tobío de Gondomar onde, ás 10 da noite coinicidindo coa promoción cultural que se realiza con motivo do Día dás Letras Galegas polo concello, ofrecerá un recital.
            O 20 de maio estará no Campus Sur de Pontevedra, na entrega de premios literarios de narrativa, poesía e novela curta, que promove a Universidade de Vigo.
            E a finais de mes cantará na Casa do Verbum, en Vigo, na homenaxe a Zeca Afonso, un recital poético-musical coa presenza de escritores e músicos.

 

Todo un éxito pois, o concerto de Tino Baz, o que de seguro nos vai animar a seguir nesta línea

 

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.