A directiva da asociación de veciños O Souto está molesta co concelleiro do PP de Vilagarcía Jaime Ramos por unhas recentes declaracións polas que manifestou que as casas da cultura do municipio están infrautilizados. á marxe do debate político, que desde a asociación consideran «lícito», os veciños queren deixar claro que non é o caso do centro de Rubiáns, onde non só non está infrautilizado senón que ata «quédallenos pequeno». E para demostralo, a asociación presentou onte o balance do 2008, aprobado a semana pasada en asemblea, no que se inclúen unha trintena de actividades celebradas ese ano.
(Fonte: La Voz de Galicia)
TEXTO A OCULTAR
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario