mércores, marzo 25, 2009

No día de hoxe cúmprese unha semana desde que os veciños de Rubiáns reuníronse co goberno local para tratar o proxecto de remodelación da Praza do Souto. Tivo que ser baixo o mandato de Xosé Castro Rato, na súa calidade de alcalde en funcións, cando os representantes desta parroquia lograsen unha cita cos rexedores, xa que ata o momento «só daban longas desde Ravella», como asegura Xurxo Abuín, o portavoz veciñal.

A mellor das noticias é que presumiblemente, ambas as partes están máis cerca que nunca de poder levalo a cabo e ata o tema económico non debería de ser o impedimento que se presupuña, xa que é probable que non sexa necesario incluílo nos orzamentos municipais do presente exercicio, que deberían ser aprobados en próximos plenos municipais.
De momento non hai acordo definitivo entre Concello e veciños. O único que hai é «sintonía, absoluta comprensión das peticións veciñais e compromiso de que haberá diálogo cos técnicos», como apuntan desde Ravella.
(Fonte: R.P., La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.