Goberno e representantes veciñais manterán novas conversas para terminar de perfilar o proxecto, pero sempre coa idea posta en que, tal e como se comprometeu a alcaldesa, as obras se iniciarán neste mesmo ano.
A proposta inicial basease na idea de crear unha zona de esparexemento como lugar de encontro veciñal, xusto diante do actual centro sociocultural, inaugurado hai apenas dous anos. Ao seu carón ubicaríase o parque infantil, tamén comprometido. O mobiliario urbano complementa o conxunto, que deste xeito une o centro sociocultural coa alameda e o paseo que vai dar á igrexa. Xusto diante da zona de esparexemento habilítase unha área de aparcamento, de máis de vinte prazas, con espacio máis que suficiente para poidan estacionar os camións que soen utilizar as orquestras.
A reunión, cordial e nun ton distendido, durou apenas media hora, na que se expuxeron as propostas técnicas do Concello, complementadas cunha infografía que levaron cada uno dos oito membros da directiva veciñal que asistiron á reunión. Ambas partes quedaron emprazadas para unha próxima reunión a fin de continuar definindo o proxecto.
(Fuente: www.xornalgalicia.com)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario