luns, febreiro 16, 2009

O DOMINGO 22, ANTROIDO INFANTIL
O vindeiro domingo día 22 de febreiro, a AAVVCC "O SOUTO" e a AAMMRR "ALAMBIQUE", van celebrar o Antroido Infantil, festa  que as dúas asociacións queren adicar ós mais pequenos da gran familia que somos os veciños de Rubiáns.
Haberá disfraces, música, e sobre todo diversión e entrenenimento. Para asegurar e potenciar este último aspecto, temos contratado Ó Grupo TRICORNE.
Tricorne é un grupo de profesionais da animación socio-cultural, que fan xogos, concursos, maquillan ós nenos, actuan como paiasos...Naturalmente, aseguran co seu traballo que os nenos que asistan marchen encantados.
Esperamos que a asistencia de cativos sexa numerosa, e recordamos ós pais que poden vir tódolos nenos, sexan ou non socios os seus pais. Asimesmo, poden traer invitados, amigos ou parientes que non sexan de Rubiáns.
A festa comenzará ás 5 e media, e durará ata que aguanten.

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.