venres, setembro 15, 2000

A policía local intentará localizar aos propietarios dos canes que mataron a catro burros en Rubiáns
O paso de 24 horas e varias queixas desde Rubiáns bastaron para que o Concello rectificase a súa postura inicial sobre o ataque dos cans de presa que acabaron coa vida de catro burros fariñeiros. Se o concelleiro de Medio Ambiente, Francisco Muñiz, aseguraba o pasado xoves que o Concello non ten competencia algunha sobre este tipo de casos, o alcalde, Javier Gago, afirmou onte todo o contrario. O rexedor anunciou a apertura dunha investigación para intentar localizar aos propietarios dos canes.

Aínda que con 24 horas de atraso, a reacción ao ataque protagonizado por un grupo de cans de presa en Rubiáns instalouse onte no Concello de Vilagarcía. As queixas emitidas desde a parroquia, ante o risco potencial de que a agresión poida repetirse con peores consecuencias que a morte de catro burros fariñeiros, levou ao goberno municipal a rectificar a súa postura inicial sobre este caso.

En principio, o concelleiro responsable da área, Francisco Muñiz, apuntou que a capacidade de manobra do Concello ante sucesos desta índole é pouco menos que nula. Muñiz recoñecía a súa preocupación, pero aseguraba que calquera actuación para aclarar o sucedido excede as competencias municipais. Onte, con todo, Javier Gago, anunciou a apertura dun expediente.

O alcalde emendou a plana advertindo que a lexislación nacional e autonómica sobre tenencia de animais si outorga competencias aos concellos. Unha normativa que se pode aplicar en Vilagarcía grazas a un bando específico promulgado no seu día pola corporación. De acordo co documento, Ravella conta con capacidade para sancionar a aqueles propietarios que non manteñan ás súas mascotas nas condicións marcadas pola legalidade vixente.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.