luns, febreiro 02, 2009

alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o edíl de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, e mailo de Obras, Manuel Rodríguez Cuervo, reuníronse o venres pola noite no Concello cos representantes veciñais deRubiáns.
Entre todos analizaron o proxecto para remodelar o Campo do Souto. O goberno local amosoulles o anteproxecto deseñado polos servizos técnicos municipais. Esta foi a primeira dunh
infoosouto300.jpg
a serie de conversas que manterán Concello e veciños para acadar o mellor proxecto, coa idea de iniciar as obras este mesmo ano.
A proposta inicial é crear unha zona de ocio como lugar de encontro veciñal, xusto diante do actual centro sociocultural. Ó lado iría un parque infantil, todo con mobiliario urbano. Xusto fronte á zona de ocio habilitarase unha área de aparcamento, de máis de vinte prazas, con espazo suficiente para que poidan estacionar os camións das orquestras.
A directiva da asociación de Rubiáns presentará este anteproxecto ós veciños e volverá a reunirse esta semana co goberno municipal.
Redacción Salnés

(Fonte: Canal Rias Baixas)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.