mércores, febreiro 11, 2009

A última xunta de goberno local serviu para que desde Ravella fáganse eco dos problemas que habitualmente azoutan á parroquia de Rubiáns.

A continuada loita que veñen mantendo os veciños desta zona escribía onte un novo capítulo porque desde o goberno local preténdese que o Ministerio de Fomento tome cartas no asunto.
Os problemas de inundacións e a consecuente aparición de lodo, area e pedras, están directamente relacionadas coas obras de construción do novo viario de acceso ao porto.
Este escrito non é o primeiro que se envía desde Vilagarcía a Fomento, o ente responsable destas obras, sendo o máis recente o remitido a pasada semana, no que se solicitaba a non execución do viario secundario que atravesa o lugar de Lago.
A alcaldesa da cidade, Dolores García -que recibiu a visita dos veciños de Rubiáns a pasada semana- enviou esta petición oficial ao ministerio que dirixe Magdalena Álvarez para que se poña remedio á actual situación «de xeito urxente». Presuponse en Ravella, que existen dúas formas para que Fomento arranxe o desaguisado: ben pola vía da actuación directa ou ben mediante a esixencia de responsabilidades á empresa adxudicataria da obra. Os veciños afectados dixeron que non lles importa a vía, que o que queren é que solucione.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.