mércores, xaneiro 07, 2009



Este colectivo reaccionou contra o PSOE de Vilagarcía despois de que o grupo de goberno decidira excluír as obras na praza de O Souto, fora do listado dos proxectos financiados polos fondos anticrise de Zapatero.

O colectivo veciñal de Rubiáns síntese discriminado polo grupo socialista de Vilagarcía e máis en concreto pola alcaldesa deste municipio. Para chamar a atención do grupo de goberno, hoxe presentáronse no concello tres representantes dos veciños con 550 sinaturas, para pedir melloras no praza de O Souto.

Este colectivo lamenta que a zona de Rubiáns só se vexa beneficiada por uns semáforos cando en Vilagarcía hai abertas tres liñas de investimento para obras no municipio.

Para que a súa petición sexa debatida nos órganos de goberno do concello, estes veciños convocaron a tódolos grupos políticos a unha mesa redonda que se celebrará o vindeiro sábado.

A reunión será no centro cultural de Rubiáns a partires das 19:00. Estes veciños esperan contar coa presenza de tódolos grupos políticos do municipio.

(Fuente: Redacción Salnés, Canal Rias Baixas)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.