martes, xaneiro 13, 2009



As protestas dos veciños de Rubiáns, en Vilagarcía, non acadaron o seu obxectivo. O concello non incluirá as obras na praza do Souto...

... no listado de obras financiadas polo plan anticrise de Zapatero, tal e como, pedía este colectivo veciñal. O grupo socialista anunciou que as obras se levarán a cabo, ao longo do ano 2009, pero con fondos xestionados pola deputación de Pontevedra.

Esta é a resposta do concello de Vilagarcía aos veciños que Rubiáns, que solicitan que se inclúan as obras na praza do Souto dentro das obras financiadas polos plan anticrise de Zapatero. O concello de Vilagarcía non se deixou convencer nin polas 500 firmas que entregaron os veciños de Rubiáns na casa consistorial nin pola reunión que se celebrou o sábado, na parroquia, con tódolos grupos políticos con representación municipal. O grupo de goberno socialista levará a cabo as obras na praza do Souto, pero non con fondos do plan de investimento local. A razón, segundo o voceiro dos socialistas, é que non da tempo para planificar estas obras dentro dos prazos esixidos polo plan zapatero.

O concello de Vilagarcía comprométese a levar a cabo as obras na praza do Souto de Rubiáns con fondos xestionados pola Deputación de Pontevedra para obras de desenvolvemento local. O grupo socialista xa ten presentado o proxecto de intervención neste espazo cun orzamento de 150.000 euros, para acometer esta obra durante o ano 2009.

O concello celebrará un pleno extraordinario que solicitaron os partidos con representación no concello de Vilagarcía, a excepción do PSOE. Neste pleno terá lugar un debate político sobre qué obras se presentarán ante o goberno central para ser financiadas cos fondos do plan anticrise. Se este pleno non se celebra antes do xoves, os veciños de Rubiáns ameazan con levar a cabo mobilizacións contra as decisións do grupo socialista no concello de Vilagarcía, ao que acusan de discriminar aos veciños de Rubiáns.

(Fuente: Redacción Salnés, Canal Rias Baixas)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.