mércores, decembro 03, 2008

Un camión tráiler que transportaba material para as obras da estrada de circunvalación de Vilagarcía quedou bloqueado onte nunha estrada estreita de Rubiáns de Arriba, e non puido saír ata tres horas despois, coa axuda dun guindastre.
O suceso tivo lugar preto das tres da tarde. Segundo informou a Policía Local, o condutor do camión confundiuse de acceso e meteuse por unha pista estreita de Rubiáns de Arriba. Dada a lonxitude e as dificultades de movemento do tráiler, foi imposible sacalo do lugar no que quedou bloqueado, polo que a Policía Local tivo que cortar a rúa ao tráfico xa que non había espazo suficiente para que pasasen os coches.
A estrada estivo cortada ata preto das seis da tarde, xa que o vehículo non puido saír do lugar ata que contou coa axuda dun guindastre que puido movelo ata que o tráiler tivo espazo suficiente para manobrar e abandonar o lugar no que quedara bloqueado.
Fai uns días outro camión tamén quedou bloqueado nunha rúa do centro de Vilagarcía ao non poder torcer nunha curva, o que deu lugar a retencións de tráfico.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.