sábado, outubro 04, 2008

Fotos da excursión as Fragas do Eume
Velaqui as fotos da excursión as Fragas do Eume organizada pola Asociación De Mulleres Rurais ALAMBIQUE.
As fragas, 9.125 hectáreas cheas de carballos, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, abeleiros, pereiras e maceiras bravas, miles de fieitos, flores.....todo un bosque atlántico, declarado parque natural en 1997. Se ben a flora é a xoia das Fragas, tamén acollen algunhas especies animais endémicas e en periro de extinción, dende pequenos anfibios e reptiles, como a píntega rabilonga, ata especies maiores, coma o lobo e o gato montés, ou diversas aves de rapiña, como o bufo real.

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.