mércores, setembro 10, 2008

Todo un éxito a primeira edición da Festa do Carneiro celebrada en Rubiáns. Está claro que a idea da asociación O Souto, que preside Xurxo Abuín, encheu un oco na vida local. Desde que pecharon os bares que tradicionalmente preparaban tan saborosa carne, os veciños botaban de menos esas reunións veciñais cun bo carneiro como protagonista. Por iso as 500 racións preparadas para a ocasión ao prezo de oito euros quedaron escasas. á unha e media da tarde quedaba polbo e empanada, pero do motivo principal da velada, nin un triste anaco que perderse entre as muelas. Claro, que moito tería que ver os suculentos e xenerosos pratos que preparou a organización. Non hai máis que ver a imaxe que acompaña a páxina para que a boca fágase auga. Así que se vostede é dos que non se decatou a tempo ou non puido achegarse a Rubiáns, tranquilo. Seguro que o ano que vén haberá máis. Por certo, que para amenizar os bocados tamén houbo música, coa actuación da orquestra Trevo, outro prato sabrosón. O final do verán. Os nenos que onte gozaron da festa organizada por Zona Aberta con motivo do inicio do cole dirían o mesmo que os dese anuncio que, logo de cantar tristemente que o final do verán chegou, pregúntanse: «¿E que? Porque onte o ambiente na praza da Pescadería -onde finalmente houbo que desprazar a convocatoria por culpa do mal tempo- non facía presaxiar o que se lles vén encima mañá. Os pequenos gozaron de xeito abondo nos inchables que a asociación de comerciantes puxo á súa disposición, e os máis atrevidos ata se animaron a subirse a lombos dese touro descarado que, á mínima, déixache polos chans. Foi unha tarde moi divertida que, seguindo a filosofía do anuncio, non ten porque ser preludio de nada malo. En realidade, co tempo que fai, case o mellor que lles pode pasar a péquelos é volver ás aulas a reencontrarse cos vellos amigos. Non só agradecerano eles, senón tamén os seus pais, que xa non saben que facer coa prole abrindo a boca en casa. A final de contas somos animais de rutinas, e os cachorros van adestrados. ¿Que non lles serve de consolo? Polo menos intentámolo.

(Fuente: Begoña Paso)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.