martes, agosto 26, 2008

Os responsables do tanatorio, os veciños da zona e os partidos políticos levan anos pedindo que se incremente a seguridade viaria á entrada de Vilagarcía pola estrada de Pontevedra. Aducen que a presenza do tanatorio e o cemiterio, así como o bo número de empresas que hai instaladas na zona, obrigan tanto aos peóns como aos automobilistas a cruzar a miúdo unha das estradas máis transitadas da comarca, e fano sen medidas de protección de ningún tipo.

Os peores agoiros fixéronse realidade na tarde do domingo, cando Estanislao Vázquez, un veciño de Rubiáns de 69 anos, perdeu a vida atropelado por un turismo cando cruzaba a rúa en dirección ao tanatorio, ao que ía, precisamente, para acompañar á familia dun veciño seu que acababa de morrer. As testemuñas do suceso non disimulaban a rabia. «Aquí tinga que haber un paso de peóns -dicían-; é algo que xa ven pedindo dende hai tempo pero non fan caso, a ver se vai desta agora que hai un morto, porque nunca fan nada ata que pasa algo así».

Nos últimos anos baralláronse varias posiblidades para mellorar a seguridade dos peóns que teñen que cruzar pola avenida de Pontevedra. O paso de peóns é, para algúns, insuficiente, porque non impide que, como pasou o domingo, os coches circulen a unha velocidade excesiva e leven por diante ao peón, por moito que cruzamento por unha zona sinalizada. Por iso solicitáronse tamén pasos elevados ou, na súa falta, a colocación de semáforos para controlar o tráfico.
Infomes en contra
Con todo, a solicitude topouse sempre con informes en contra, xa que as peticións que se fixeron chegar ao Concello e logo deriváronse a Fomento respondíanse con argumentos nos que se indicaba que a colocación de pasos de peóns ou semáforos na zona suporían un obstáculo para a circulación nunha travesía de tráfico fluído e abundante.
Claro, que eses mesmos argumentos chocan coa circunstancia de que, dado o carácter de travesía, a circulación estea limitada a 50 quilómetros por hora, unha restrición que moitos vehículos non respectan por tratarse dunha recta que incita a correr máis.
Un debate similar xurdiu ao redor da avenida da Mariña no mes de maio cando, en circunstancias similares, un mozo morreu atropelado por un condutor que tamén se deu á fuga. Desde entón o Concello exponse colocar pasos elevados ou limitar a circulación nesa zona.

(Fuente: Susana Luaña, La Voz De Galicia)
(Foto: Mónica Irago)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.