luns, agosto 18, 2008

Fotos do Exterior do Pazo de Rubiáns e os Eucaliptos mais Antigos de Galicia
A milenaria historia de Rubiáns esta ligada á da familia Caamaño, xa desde o seculo XII asentaronse nestas terra. Foron fundadores, a posteriori, de Vilagarcía de Arousa..

Sin embargo, o historia de Rubiáns e anterior no tempo, e a primeira referencia escrita que existe da Parroquia de Santa María de Rubiáns remontase o ano 912, pertencendo naquel tempo ó arzobispado de Compostela, tras donalas o Rei Ordoño II ó abade D. Guto, do Monasterio de San Martín Pinario. (O noso pobo ten mais de 1096 anos)

Estamos investigando na historia de Rubiáns, e animamos a todos a participar. Envia un correo a admin@rubians.org.

Polo de pronto, unha pequeña fiestra ó lugar donde se asentou, fai case 900 anos, a familia Caamaño. Nesta ocasión, imaxes do exterior da finca do pazo de Rubiáns, a entrada cos escudos da familia, a pedra ca inscripción de 1411 enriba do portal, e os eucaliptos mais vellos de Galicia (sinceramente, esta ó carón deles impresiona, ainda mais pola historia que polo tamaño. O triste e saber que poida que pasemos mil veces por diante deles, e non lle prestemos atención. Como tantas cousas.)

PULSA para velas fotos.

Alcaine.

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.