Fotos do Antigo Apeadeiro de tren en Rubiáns.
No punto kilometrico 45 do tramo de via que une Vilagarcía con Pontevedra atopase o antígo apeadeiro de tren en Rubiáns. Unha sinal marcada cunha "S" indicaba ó maquinista que fixera soar o pito, o son avisaba da cercania do tren, e foi durante moitos anos compañeiro da xente de Rubiáns que sabia que estaba chegando o ferrocarríl e ata o usaba de reloxio sonoro para sabe-la hora. Esta contrucción, que fai uns dez anos estaba todavia activa na relación de paradas de RENFE, está actualmente nun estado de abandono total, prácticamente oculto pola vexetación. A via que pasa por diante -na que tantas veces habrán parado os trens no anden para deixar xente- xa non esta en servizo desde fai pouco tempo. Deixamos as fotos do reencontro con este edificio emblematico, que ainda que este abandoado, forma parte da historia de Rubiáns e permanece na memoria de tanta xente que fixo uso dela.
Alcaine.
Pulsa para velas fotos.
Fotos do Antigo Apeadeiro de tren en Rubiáns.
RUBIANS
18:26
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario