«Alí -asegura un dos veciños- hai de todo, dende ratas ata serpes, e estamos vendidos diante de tanta alimaña porque, con tanta matugueira sen limpar, debaixo daquela vexetación pode vivir calquera becho». Engade o colectivo veciñal que se puxo en varias ocasións en contacto cos responsables municipais, aínda que polo momento as súas xestións non deron resultado: «Estamos fartos, isto é unha barbaridade e ninguén fai nada de nada», a pesar de que un parente da familia propietaria ten unha vivenda xunto á leira en cuestión.
Outro dos riscos que denuncian os veciños é a posibilidade de que se produza un incendio, posto que o terreo sitúase no medio dun grupo de vivendas.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario