domingo, xullo 27, 2008

Resultado da Reunión da Xunta Rectora de Montes co Equipo de Fútbol
Hoxe, ás 13 horas, tivo lugar a reunión da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais, cos representantes do equipo de fútbol de Rubiáns.
Os representantes do equipo de fútbol, expuxeron as súas inquedanzas e necesidades en torno ás milloras que o campo de fútbol precisa, e que en esencia, as mais urxentes son as seguintes:
* Rematar as obras dos vestiarios, tanto dos equipos como do equipo arbitral
* Construír aseos para o público asistente ós partidos
* Pechar completamente o campo.
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes, é sensible ás demandas da Directiva do Clube de Fútbol, e como non podía ser de outro xeito, apoia ditas reivindicacións, e todas as que conleven á millora dunhas instalacións, que como as nosas, deberían achegar a práctica deportiva ós cidadáns, nunhas condicións o mais dignas posibles,polo que tomou a decisión de que de inmediato, o Presidente se dirixa á Fundación Deportiva Municipal, co obxecto de asinar un Convenio de uso do campo de fútbol, e que permita ó Concello de Vilagarcía facé-las obras que a Directiva do equipo demanda.
Manteremosvos informados do que aconteza.

Xurxo

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.