xoves, xullo 24, 2008

A Asociación De Veciños, De Excursión Á Feira Medieval De Corcubión




O pasado domingo día 20, celebrouse unha excursión a Corcubión, organizada pola Asociación de veciños. Ás 9 da mañán partíamos cara Corcubión. Unha vez alí, demos un paseo pola Feira, tomamos algo nas súas terrazas, e cando ía ser hora do almorzó, saímos cara o Faro de Fisterra.


Paramos antes de chegar, concretamente nun pinar á beira da praia de Langosteira, e alí comemos. Ó remate da comida, organizamos unha pequena festa: Juan Barcala trouxo a gaita, o seu cuñado a percusión e a guitarra, o seu sobriño a pandeireta, e os demais, cantabamos. ¡Increíble! Para a meirande parte dos que fomos de excursión, esto foi con moito o mellor da viaxe, tanto é así, que ás 4,30 cando tiñamos previsto saír para o Faro de Fisterra, a case ninguén lle apetecía subir ó bus.


Pero subimos, visitamos o Faro, e á volta, paramos na vella vila de Muros. Visitámolo casco vello desta fermosa vila, e cando estaban a dá-las 10 da tarde, chegabamos a Rubiáns.
En breve colgaremos da páxina, tanto as fotos da viaxe, como un extenso reportaxe en vídeo da excursión.




Xurxo.

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.