O propietario da vivenda, sita en Rubiáns, chamou entón a Protección Civil, pensando que os operarios ían recoller o ofidio. «Pero deberon collerlle medo tamén -supuña onte Juan, o fillo de Vicente- porque era moi grande, e xa a mataron non sitio». En efecto, unha vez seguros de que estaba morta e era, polo tanto inofensiva, puideron comprobar que se trataba dun réptil bastante longo, moito máis que as culebras que adoitan aparecer pola zona.
Os propietarios da casa aseguran que xa non é a primeira vez que lles pasa, que o ano pasado apareceu outra polas inmediacións da vivenda, aínda que escapou e non puido ser capturada. Os donos denuncian que os réptiles serpentean ás súas anchas por culpa das leiras que hai nas inmediacións, que están abandonadas e a herba crece por todas as partes. Din que intentaron por todos os medios que os propietarios as limpasen, e que ata denunciaron os feitos no concello, «pero ata ou de agora non nos fixeron caso». Coa aparición da culebra pregúntanse se fan falta máis motivos para que se limpe a maleza dunhas leiras que xa parecen selvas.
(Fuente: Susana Luaña, La Voz De Galicia)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario