As probas realizaranse pola mañá entre os alumnos do colexio de Rubiáns, entre as dez e cuarto e as tres menos dez da tarde. Pola tarde continuarán no auditorio de Vilagarcía, a partir das cinco, nunha convocatoria aberta para os nenos que queiran presentarse, sempre que conten entre oito e trece anos. A convocatoria está aberta para todas as nacionalidades e etnias. A casa dá luz é un proxecto do produtor Xosé Xoán Cabanas Cao e do director Carlos Amil. Será un das primeiras longametraxes de imaxe real para nenos que se realizan en Galicia, e rodarase integramente en galego.
Os protagonistas selecciónanse a través destas probas de repartición que xa se realizaron noutras localidades.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario