mércores, decembro 05, 2007

A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, e o concelleiro de Obras, Manuel Rodríguez Cuervo , visitaron onte as obras que se están realizando na rúa Ensino, que dá acceso ao colexio de Rubiáns.

As actuacións están sendo realizadas por Augas de Galicia, posto que o seu principal obxectivo é mellorar a rede de saneamento. De feito, os traballos prevén a substitución da canalización de fecais e a instalación dun colector para recoller as augas pluviais.

Tras esta obra reporase o firme e dotarase ao viario dunha beirarrúa de tres metros de anchura para mellorar a seguridade dos escolares.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.