A promotora que pechou o acordo de Bricoking define a actuación en marcha como un corredor ambiental-

Desde o punto de vista empresarial, os traballos en marcha concluirán coa construción de dúas amplas naves e un almacén. O contrato de aluguer co xigante galego da bricolaxe, Bricoking, é xa un feito. O soto das instalacións resérvase para Moreira e Cía. E o futuro do resto dos espazos está nestes momentos en negociación. Hai posibilidades de que en Rubiáns desembarquen tamén unha potente multinacional de produtos informáticos e un concesionario estatal de vehículos pesados.
Polo que respecta ás cesións ao Concello, Laguardia creará un viario de acceso ao polígono, que tamén podería ampliarse nun futuro cara á zona da Laxe. Das negociacións comerciais que están en marcha depende que se abra un parque arboledo. Pero, en calquera caso, a promotora destaca o peso ambiental que o seu proxecto concede a toda a contorna.Así, o proxecto hidrológico, aprobado por Augas de Galicia, só contempla a eliminación dun dos meandros que O Con traza nesta zona, compensándoo coa dotación dun radio adecuado á nova curva que debuxará o río. A zona de crecidas, que en Galicia adoita desbordarse cada tres anos, dispón de catro metros de ancho. Pero a contorna quedará protexido das inundacións por unha canle total de 14 metros -tal e como figura no plano adxunto- polo que discorrerá un paseo dotado de arboledo típico de ribeira, facilitando que a vexetación creza nos noiros.
(Fuente: Serxio Gonzalez, La Voz)
(Foto: O proxecto en marcha, coa canle mellorada e o novo viario, concluirá en xullo. A sección do paseo mostra a intervención ambiental a desenvolver?
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario