A iniciativa, neste caso, correspondería á propia compañía conserveira. Pero Vilagarcía respondería, desta forma, á petición lanzada polo comité de empresa da histórica firma implantada en Arousa para que os municipios arousáns expoñan alternativas que permitan que a súa produción se manteña na comarca. Para facelo realidade, Alfageme necesita uns trinta mil metros cadrados, dimensións ás que se achega esta bolsa de chan dispoñible en Rubiáns.
A propia catalogación urbanística dos terreos facilitaría o desembarco da actividade conserveira, posto que actualmente están definidos como chan industrial. A súa situación estratéxica é, tamén, favorable, posto que o solar sitúase nun dos principais accesos á capital arousá, moi próximo ademais á estrada do Pousadoiro, que permite un enlace áxil coa autoestrada e a circunvalación norte de Vilagarcía, actualmente en construción.
O plan de empresa de Alfageme prevé o peche das súas tres factorías en Arousa, situadas no Grove, Ribadumia e Vilaxoán, neste último caso Conservas Peña , pertencente ao mesmo grupo. A idea é concentrar a produción nunha planta de nova construción. As traballadoras de Peña concentráronse o pasado sábado para pedir a solidariedade dos vilagarciáns.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario