Unha queima na leira dunha casa inmediata foi a causante deste susto que conmocionou a mañá da parroquia de Rubiáns. Unha queima realizada, ao parecer, sen permiso, posto que neste tempo aínda non se conceden permisos para este tipo de tarefas nas leiras.
Dado que o lume estaba na leira de á beira do taller de vehículos, todo facía pensar que a propia nave estaba ardendo. De feito, as instalacións da empresa enchéronse de fume, ata o punto de que os corpos de urxencia dirixíronse en primeira instancia ao interior buscando as chamas.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario