Conta cunha Xunta Directiva moi numerosa e representativa, que terá que afrontar de
inmediato retos como a defensa dos intereses dos veciños en temas como o vial ó porto de Vilagarcía, o vial de circunvalación Norte, ou o AVE, que de alguna maneira van deixar imborrables pegadas na parroquia.
A nadie se lle escapan as enormes dificultades coas que nos imos atopar, pero
coidamos que se o vecindario afronta os problemas unido, nada será imposible.
Asociación Veciñal e Cultural
O pasado dia 8 deste mes de Xullo consituÍuse a Asocaciòn Veciñal e Cultural “o Souto” de Rubians nunha Asamblea que tivo lugar no Centro Cultural resultando elexidos como membros da Directiva os seguintes:
Presidente: Xurxo Abuín Rodríguez
Vicepresidente: Antonio Garcia de la Torre
Secretaria: Sara Vidal Arca
Tesoureiro: Rafael Barcala Lucio
Vocais da Comision Veciñal
Zamar-As Quintáns: Manuel Abalo, Luis Rodriguez, Alberto Alfonsín
Rubiáns de Arriba: Juan Mariño, Andrés Abalo, Abelardo Barcala, Manuel Somoza, Daniel Rial
Abelle-Barbeitos: Miguel Alonso, José Barreiro, Domingo Santamaría, Celso Pereira
Perrón-Sentín : Manuel González, Xurxo Abuín
Ande-Feira: Sebastián Lago, Carmen Rguez Negro
Bouza-Soutelo: Ricardo Magariños, Antonio García
Vocais da Comision Cultural
Zamar-Quintáns: Carmen Aragunde, Miguel Daponte
Rubiáns de Arriba: Juana Mª Lago, Manuel R. Guillán
Abelle- Barbeitos: Miguel Alonso
Perrón-Sentín: Xurxo Abuín, Olga Rey
Ande- Feira: Carmen Rguez Negro, Rafael Barcala
Bouza-Soutelo: Manuel R. Barrio
Carretera: Santiago Soto
Asistiron a dita Asamblea mais de 100 personas, inscribindose no acto como Socios un total de 102
veciños, ós que hay que engadir outros 26 socios que se anotaron no Domingo dia 16. Estableceuse como
cuota a pagar a cantidade de 6 euros o ano para os maiores, agás os menores de idade que non teñen
que pagar cuota algunha. Acordouse igualmente e asi consta nos Estatutos que poden ser Socios/as da
Asociacion Veciñal e Cultural os siguientes:
- Veciños Residentes en Rubians
- Veciños nacidos en Rubians residentes fora.
- Socios Xuvenis
- Socios Honorificos (os que a Asamblea acorde nomear por ter contribuido de xeito relevante á consecución dos fins obxecto da Asociación ).
En principio a Xunta Directiva esta moi contenta pola gran acollida que tivo a Asociacion, resultando ser o comentario xeral da xente de que xa era hora de que en Rubians houbera unha Asociacion. Ben están os comenzos, pero hay que seguir loitando, dia a dia ,polo bo funcionamento da mesma para que se poidan acadar as metas propostas, e nesa tarefa esperamo-lo apoio de tódolos veciños, dos empresarios que nos poidan axudar, de tódolos Organismos Publicos, asi como de outras Asociacions Culturais da Comarca que
esperamos nos axuden nesta dificil etapa do comenzo.
Si, esperamos que nos apoies, que aportes un par de horas, o mes ou o ano , para botar unha man cando sexa necesario, que asistas o Actos Culturales e Asambleas , porque e a mellor forma de agradecerlle o seu traballo a aqueles que si perden moitas horas programando os Actos e que esperan recibir de ti, non aplausos, pero tampouco criticas estúpidas ou malos comentarios que fomentan a división e desaniman a todos. Si tes algo que aportar, opininar ou criticar, faino directamente cos membros da Directiva, comentalle o teu parecer, mostralle a tua queixa en forma correcta, pero non fagas malos comentarios de taberna, nin mandes a lingoa a paseo, porque o falar como di o refrán non ten cancelas.
Recorda que se non podes asitir os actos, ben podes mandar os teus rapaces ou netos que poden botar una man, xa que calqueira axuda, por pequeña que che pareza, nos vale de moito. Acude os Actos programados, deixate ver, conversas cos teus veciños, da a tua opinión porque si podes falar e opinar, porque en definitiva e a tua Segunda Casa, e a Casa do Pobo, que pagaches ti cos teus impostos e na que debes disfrutar como na tua casa, porque en definitiva e Casa de tódolos os vecinos de Rubiáns.
(Fonte: Xurxo Abuín, AAVV O SOUTO, publicado no FACHO N2, de Xullo de 2007)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario