luns, xullo 30, 2007

Resultou moi exitosa a CACHADA DE SAN XOAN que celebrámo-la noite do 23 de Xuño na parte traseira do Centro Cultural, asistindo mais de 100 personas. Degustáronse 4 Caixas de Sardiñas e 12 Kg de Criollos, aportados pola Comunidade de Montes. E vos preguntaredes ¿Como se puideron asar con puntualidade sardiñas para tanta xente, cunha soa parrilla? Pois moi fácil: o noso amigo, veciño, traballador incansable e membro da Xunta Directiva Abelardo Barcala, nun plis, plas, montou una MACROPARRILLA de 2 metros por 0,90, (Que con seguridad entraría no Libro GUINNES DOS RECORDS )se lle tivéramos avisado, xa que ali podiase asar hasta un porco enteiro. Fallaron pois as prediccions duns de Vilaxoan que pasaron na tadiña por ali e dixeron que co peso da parrilla(que era doble) ibanse espachurrar as xoubas. ¡Pois non, meu amigo, non se espachurrou ningunha, nin dándolle volta para aquí, nin dándolle volta para ala, pois habedes de saber que a famosa parrilla é un inxenio automático que non se vende no Corte Inglés, e dáselle volta á mesma como á tortilla na tixola.

Achegáronse os de Proteccion Civil coa ambulancia de turno, e metro na man, pretendían medir as lapas da cachada, para comprobar que non median mais de un metro de altura, tal e como decían as normas do Bando Municipal. A verdade é que a calor á beira da cachada era tan grande, que, dado que tiñamos mangueira de auga e aparellos antiincendios, amen do retén de garda, pois decidiron que case mellor pasaban a medir en outro momento.

Logo todo mundo tomou o seu chupito de queimada agarimosamente elaborada por Pepe, e coa mezcolanza co albariño e o viño tinto a mais de un e unha entráronlle calores e marcháronse para o Salon de Actos a botar uns bailongos. De verdade que foi una noite negra pra o disjockey, porque os vellos querían pasodobles e os rapaces salsa e Rock , co cal houbo que ir turnando o aparello musical , con una de cal e outra de area; e con unas e con outras a algúns déronse conta de que eran as seis da mañán,cando viron que polaa Ande estaba clarexando día.

O día 8 de xullo, organizado pola Asociación, pero coa colaboración inestimable do noso veciño Jorge Mosquera (ex integrante do Ballet Galego Rey de Viana), celebrouse un Festival de Baile Folclórico, coa participación das Escolas de Baile “A Gandaina” de Palmeira, e “Con de Xido” de Castrelo, das que Jorge é Director. Entre os dous grupos sumaron 70 persoas entre nenos e mozos, e deixaron constancia da calidade contrastada que teñen, como así o atestiguan os moitos premios acadados ó longo e ancho da xeografía nacional.

Pero o que realmente puxo ós asistentes en pé foi a espectacular actuación do Grupo Entrecaixas da Coruña. Este grupo non puido actuar ó completo, xa que algún dos seus integrantes estaban actuando ese mesmo día no Festival Celta de Ortigueira, pero o que vimos, deixóunos abraiados, non en vano os seus bailaríns o foron todos eles do tristemente desaparecido Ballet Galego Rey de Viana, o que da una idea da súa calidade e profesionalidade, como que asimismo acaban de recibi-lo premio “José Manuel Garrido” na VI Maratón de Danza de Madrid.

Esperemos que nun futuro próximo Rubiáns tamén teña un Grupo Folclórico que enriqueza a oferta cultural do noso povo.

(Fonte: Xurxo Abuín, AAVV O SOUTO, publicado no FACHO N2, de Xullo de 2007)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.