subvención solicitada no seu día para arreglo da Casa na que teñen a súa sede. ¡Enhoraboa!.
*A Comunidadee de montes vai a proceder á limpeza e desbrozado de Monte Cabalos e Monte Grande, xa que se aproxima a época de perigo de incendios Asimesmo, vai proceder ó deslinde do
monte da Revolta, en Zamar, con vistas a amplia-la zona de ocio alí ubicada. Van por bon camiño as
xestions para recupera-la titularidade dunha parcela do Monte Comunal do Hospital, que por un erro
burocrático figuraba no Catastro a nome da familia Caamaño.
*Segue a bo ritmo a reconstrucción do Valo de Pedra na zona do Igrexario, na que A Comunidade de
Montes ben colaborando co Concello, mediante a aportación de pedra antigua. (Por tal motivo se alguén
dispon de piedra deste tipo, rogamos se poña en contacto cos membros da Comunidade de Montes)
*A Directiva da Comunidade de Montes adverte expresamente que queda terminantemente
prohibido votar escombros o cualquiera todo tipo de lixo nos Montes, sexan de propiedade comunal ou
privada, polo que as persoas que infrinxan tal norma serán denunciadas ante o SEPRONA.
*Igualmente a Comunidade de Montes en colaboración coa futura Asociación Veciñal e Cultural,
tentará instalar unos Taboleiros de Anuncios en todolos barrios da parroquia para que neles se poidan
fixar todolos Avisos, Bandos Municipais, ou Carteis de Anuncios de Actos Culturais, para que deste xeito se
consiga unha información directa, rápida e eficaz a tódolos veciños.
Tamén comunica a Comunidade de Montes que dispón dun equipo de megafonía, mercado con
fondos propios, e o pón a disposición de calqueira Organización Parroquial que o precise.
*Os membros da Xunta Directiva do Rubiáns C.F. comunican que van por bo camiño as xestions
tendentes a amplia-lo Campo de Futbol mediante un convenio coa Diputación Provincial. A Comunidade de
Montes espera coñecer en detalle os pormenores do Proxecto, para prestar no seu caso, a conformidade a
tales obras.
*A Comisión de festas de Sta Placida e S. Ramón” logo da última Xunta celebrada ó efecto,
comunica que se van manter como días de festa, os de sempre: Sábado, Domingo, Luns e Martes. Para a
Tarde-Noite do Sábado, sabemos que teñen xa contratado algo novedoso, para nenos, para xóvenes
e tamén para maiores, así como a actuación dun grupo-atracción habitual na TVG.
*O bar do Centro Cultural ven abrindo as súas portas os Domingos de 11,30 a 14, 00 horas . Alí
poderás contactar cos membros da Cultural, exponelas túas ideas e ofrece-la túa colaboración neste
proxecto común no que todos nos temos embarcados. E se estás en todo de acordo, ou non tés nada que
discutir, pois podes tomar un viño con nós. ¡ No deixes de acudir ¡
* Segue a preocupación dos veciños e veciñas de Rubians de Arriba e Agromao polas obras do Vial
de Acceso ó Porto, por canto non está aínda clarificada a forma na que se reporán os camiños de
acceso ós montes, en especial na zona do Rañadoiro, así como pola instalación dos grandes tubos de
desagüe ( de más de 1,50 mts. de diámetro) que nestes días pasados ateigaron de auga e lodo as casas
de algún vecinos. Se non se amaña o problema, a Asociación de Veciños terá que tomar cartas no
asunto.
* Medra tamén a preocupación do vecindario polo perigo do tráfico rodado pola estrada de Zamar e
zona da Igrexa, á vista do grande número de vehículos que circulan por dito vial, e ás velocidades
que en ocasións o fan, e que se verá incrementado notablemente cuando rematen as obras do Vial ó
Porto. Haberá que tomar medidas ó respecto, antes que teñamos desgrazas que lamentar.
* Membros da Directiva da APA do Colexio de Rubians entrevistaronse coa Comunidade de Montes,
na que mostraron patente a súa preocupación polo feito de que no vindeiro Curso Escolar
implantarase o horario de xornada intensiva , polo que se fai necesario buscarlle una solución a este
problema tratando de organizar actividades extraescolares polas tardes. Acordóuse estudá-la
forma de programar ditas actividades e recabar tamén a opinión dos veciños de Cea, pertenecentes á mesma
APA, para ver si é factible programar actividades conxuntamente, evitando así duplicidade de gastos.
*Con motivo das obras de construcción do vial do Pousadoiro ou Variante Norte, descubríuse baixo
terra (a unha profundidade de 1,50 mts. aproximadamente ) na zona do Bacelo, un xacemento
castrexo, cuia datación histórica de momento aínda se ignora. Polo pouco que se puido ver do xacemento
arqueolóxico, parece evidente a existencia de muros perimetrais con argamasa, así como varios restos de
cerámica e algunhas moedas. De momento, os técnicos e arqueólogos da Consellería suspenderon as
excavacions, ignorándose a data da súa continuidade.
(Fonte: Xurxo Abuín, AAVV O SOUTO, publicado no FACHO N1, de Xuño de 2007)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario