domingo, xuño 10, 2007

Actos realizados ata o de agora

O día 7 de abril tivo lugar a inauguración do Centro Cultural. Con tal motivo houbo un concerto do grupo de rock “7setenta”, Ó día seguinte, Domingo degustaronse unhas tapas entre os asistentes, seguido da actuación do Grupo de Gaitas “Santa Plácida” e
pola tarde tivo lugar un CONCURSO DE BAILE, resultando ganadores a parella composta por Olga Rey e Jorge Mosquera , ós que se lles fixo entrega como premio, respectivamente un foulard e unha garabata.

Tamén na mesma data se inaugurou unha Exposición de manualidades organizada polas “Mulleres Rurais”

O día 5 de maio pola tarde, celebrouse novamente un Viño Galego, actuando a continuación a Tuna de Santiago, e pola noite celebrouse un baile amenizado
por un coñecido dúo.

Ó día seguinte actuóu a Banda Municipal de Vilagarcía que integran máis de 60 xóvenes, en un concerto que resultou de gran éxito, aínda que cunha asistencia que
non foi a adecuada.

Actos programados proximamente

O día 23 deste mes celebrarase a Cachada de San Xoán na parte traseira do Centro Cultural na que se degustará gratuítamente unha gran sardiñada e chourizos criollos á brasa. Actuará o Grupo de Gaitas Parroquial e ó rematel haberá baile e queimada.
¡Acude, déixate ver¡

O vindeiro día 8 de xullo celebrarase un espectáculo de danza, a cargo de "Entrecaixas” Grupo de Danza Profesional da Coruña, dos que varios dos seus integrantes foron membros do Balet Galego “REY DE VIANA”. Tamén actuarán as Escolas de Danza “Con de Xido” e a “Garandaina”

Tamén en Agosto se teremos unha esposición fotográfica e de material escolar , baixo o título de “Rubiáns: Aqueles vellos tempos da escola”.(Agradecemosche que se dispós de fotografías ou de cualquiera tipo de material do tempo da Escola, como libros, cuadernos, etc. contactes cos membros da Cultural)



(Fonte: Xurxo Abuín, AAVV O SOUTO, publicado no FACHO N1, de Xuño de 2007)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.