domingo, xuño 10, 2007

Previas a constitución da Asociación Veciñal e Cultural O SOUTO: Proxectos Culturais.

  • Actividades polas tardes para os nenos do Colexio que a partir deste ano só terán clase pola mañá.
  • Creación duna escola de danza.
  • Clases de Informática para nenos, e de internet para maiores
  • Creación dun Aula de Idiomas
  • Creación dun Grupo de Teatro
  • Programación de bailes para datas tan sinaladas como Antroido, Fin de ano e alomenos unha vez ó mes.
  • Apertura da Biblioteca cun horario regular, e ampliación dos fondos, tanto bibliográficos como en soportes audiovisuais.
  • Programación de Conferencias sobre temas diversos.
  • Apoia-lo Grupo de Gaitas de Rubiáns
  • Exposicions de pintura, fotografía, traballos manuais, etc.etc.
  • Resaltar con actos culturais deportivos e lúdicos a semán das Festas de Santa Plácida e San Ramón
  • Inventariar e protexer o patrimonio cultural, como cruceiros, fontes, hórreos, casas, escudos, e velar pola súa conservación.
  • Organizar Excursións (alomenos unha ó ano) para tódolos veciños da parroquia, a sitios de interés. 
  • Editar unha Revista da Asociación Veciñal e Cultural que sirva de medio de difusión de tódalas necesidades, problemas ou ideas, e que sirva de portavoz das opiniones de todos e como axenda dosactos a programar e celebrar.
(Fonte: Xurxo Abuín, AAVV O SOUTO, publicado no FACHO N1, de Xuño de 2007)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.