domingo, xuño 10, 2007

Previas a constitución da Asociación Veciñal e Cultural O SOUTO: Normativa e regras.

Son moitos os problemas e necesidades que existen en Rubians dende fai anos, sen que ata o de agora existira Organización parroquial algunha que houbera servido de portavoz para facer valer ou defender diante do Concello, Deputación ou demais Organismos públicos os lexítimos intereses de tódolos veciños.

Tódalas demais parroquias e incluso pequenos barrios ou rueiros do Concello dispoñen dende fai moitos anos, en maior ou menor medida, de Asociacións de Veciños que tramiten ou xestionen con eficacia as xustas reivindicacións de ditos lugares, beneficiándose así das axudas e obras municipais, sen que Rubians ata o de agora houbera contado en forma algunha á hora de planifica-las inversions do Presuposto Municipal, salvo pequenos detalles puntuais nalgún barrio da parroquia como Zamar, etc.

Precisamente a non existencia dunha Asociación Veciñal en Rubians provocou que houbéramos sido os últimos a nivel do Concello en conseguir un Centro
Cultural donde poder reunirnos, cando outros lugares mais pequenos dispoñen de Centros dende fai tiempo.

Ata o de agora, nesta parroquia todo o que fixo o Concello foi fruto de xestions a nivel persoal de alguns veciños, ben por amiguismo cos gobernantes de turno ou por concesión graciosa de alguén que de cando en vez lembrábase de que Rubians tamén existía, sobre todo coincidindo coas datas electorais.

Seguir funcionando deste xeito, é perpetuar un sistema anacrónico e caciquil, que debemos desterrar, e o único xeito de facelo, é constituindo unha Asociación de Veciños, que a traverso da súa Comisión Directiva terá puntual información de todas aquelas necesidades da parroquia que lle transmitan os veciños e que á sua vez trasladará de inmediato ó Concello e demás Organismos públicos.

Unha Asociación Veciñal ten plena capacidade legal paraxestionar e recibir axudas e subvencions, ou para presentar todo tipo de queixas ou solicitudes ante calqueira Organismo; pola contra, xestiona-la solución de problemas da parroquia a nivel personal por 3 ou 4 veciños, sen representación legal algunha, non conduce mais que facer vale-lo favoritismo ou amiguismo, con clara e inxusta discriminación hacia outras necesidades mais urxentes a nivel parroquial.

Por este motivo, o pasado Domingo día 10 de xuño nos reunimos no Centro Cultural un Grupo de mais de 50 personas veciño/as de esta parroquia; todos eles xente responsable e de distinta ideoloxía e forma de pensar, pero con un único ideal ou proxecto que é o de defendé-los intereses de Rubiáns por riba de todo e ante todo-los Organismos.

En dita xuntanza previa, fixáronse como principios ou regras para o bo funcionamento da Asociación os seguintes:

  • Que as asociacions veciñais existentes na actualidade, como as de Zamar ou Rubians de Arriba , sigan funcionando como ata o de agora, xa que non se pretende en modo algún entorpecer ou mina-lo seu traballo, senón respetalas e colaborar con elas en todo o posible, do mesmo xeito que coas demais Asociacions Culturais, como as “Mulleres Rurais” etc.
  • Que tódolos membros da Xunta Directiva esquezan as súas diferencias personais ou políticas que ocasionalmente puideran existir e antepoñan por riba de todo o interés da parroquia.
  • Que endexamais se utilice a información da Asociación Veciñal en beneficio de partidos políticos ou que se utilice a mesma como instrumento partidista , todo elo en aras dunha perfecta armonía entre todos e polo respeto ó principio de que antes que o interés dos partidos está o interés da Parroquia.
  • Que a solución de cualqueira problema a nivel de barrio que supoña tener que enfrentarse ou falar cun veciño que está infrinxindo a lei, con claro perxuicio para todo o vecindario, sexa xestionada, non polos Vocais de dito barrio, senón pola Directiva ou por vocais doutro lugar , todo elo en aras de evitar enemistades entre veciños que viven porta con porta e en todo caso, se as xestións amistosas non deran resultado, dar conta ó Concello ou a quen corresponda, xa que a finalidade da Asociación non é a de asumir competencias que lle corresponden exclusivamente ós Organismos Públicos que son os que teñen que velar polo cumplimento das normas.
  • Que os problemas personais entre dous veciños, os resolvan eles como estimen oportuno, pero nunca acudindo á Asociación
  • Que dentro da Asociación se constitúa unha Sección de Actividades Culturais que xestione e planifique tódolos proxectos e actos culturais; todo elo sen perxuizo de aquelas outras actividades que no seu caso poidan desenrolar outras Organizacions da Parroquia.

Pero, para esto, precísase xente con ganas de traballar e existen moitos xeitos de colaborar, de maneira continua ou ocasional, nas actividades da
Asociación Veciñal e Cultural a traverso das seguintes modalidades:

  • Socios membros da Xunta Directiva que terán ,que traballar de forma constante e xuntarse con frecuencia (alomenos un par de horas 2 fins de seman ó mes) para planificar as actividades.
  • Socios colaboradores directos que queiran impartir Cursos de calqueira tipo ou Conferencias sobre calqueira materia, ouencargarse da xestión dunha determinada área cultural coma Música, Informática, Teatro, Baile, Deporte, Ensino de Idiomas, Xadrez, Dibuxo, Fotografía, etc. etc.
  • Socios dispostos a colaborar un numero de fins de seman ó ano (3,6.9, ou 12), todo elo a decidir polos socios que elixan esta forma de colaboración e co obxecto de axudar na Organización de Actos Culturais.
  • Socios que decidan aporta-la sua experiencia personal ou profesional para o desempeño ,de algunha labor ocasional que xorda nun momento determinado e para a que serán chamados en contadas ocasiones e dentro das súas posibilidades e solo en fins de semana algunhas horas.
  • Empresas colaboradoras do Centro Cultural mediante donación de algún producto do seu ramo ou a aportación voluntaria en diñeiro que queiran realizar para actos culturais, entregándoselles a tal efecto o ocorrespondente Diploma de Socio Colaborador do Centro Cultural ou incluíndo o seu anagrama comercial nos carteis, folletos, ou revistas que publique a Asociación Cultural.

E se non queres ou non podes colaborar polos motivos que sexan (falla de tempo ou saúde, ou calqueira outra causa) comprométete alomenos ó seguinte:


  • Asistir ós actos culturais sempre que poidas ou mandar alomenos a alguén da tua familia.
LEMBRA: Que se ningúen ou moi pouca xente asiste ós actos culturais, o Concello e outras Organizacións públicas ou privadas que están dispostas a colaborar, deixarán de facelo.

(Fonte: Xurxo Abuín, AAVV O SOUTO, publicado no FACHO N1, de Xuño de 2007)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.