mércores, maio 23, 2007

O candidato do PP á alcaldía de Vilagarcía, Tomás Fole, presentou onte as propostas da súa formación en Rubiáns. Entre os compromisos concretos para a parroquia atópanse a ampliación do cemiterio e de distintas estradas, así como a dotación de beirarrúas ata o Hospital do Salnés.

En xeral, Fole mostrouse convencido da necesidade de acabar coas «diferenzas que se manteñen entre o centro e o rural de Vilagarcía en canto a servizos». Para paliar esta situación, continuou o aspirante conservador, «o noso goberno promoverá todas as actuacións para garantir unha calidade de vida adecuada para todos os veciños». O acondicionamento da rúa de acceso ao colexio público, a creación de parques infantís homologados e con chan de caucho, o aparcadoiro da igrexa ou a recollida de lixo forman parte do proxecto.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.