Os feitos tiveron lugar sobre as cinco e media da tarde, e pouco despois a mesma rapariga presentouse nas dependencias policiais coa documentación, pero os axentes comprobaron que a matrícula que figuraba nos papeis non se correspondía coa placa do vehículo inmobilizado. Tras cotejar os datos coa Dirección Xeral de Tráfico, comprobaron que o quad era propiedade dun veciño de Baión, mentres que a placa do vehículo correspondíase con outro de características similares dun veciño de Lleida.
Ademais, o quad que conducía a moza non estaba asegurado, polo que a policía procedeu a tramitar as correspondentes denuncias por carecer de permiso de condución e de certificado de seguro obrigatorio.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario