luns, marzo 19, 2007

Os bombeiros da subsede de Vilagarcía e os voluntarios de Protección Civil sufocaron na noite de onte un incendio que a punto estivo de afectar a unha das casas nas que viven os xitanos de Soutelo, en Rubiáns.

O lume orixinouse preto das nove da noite, nun galpón anexo a unha vivenda de bloques na que reside unha familia do poboado xitano que hai detrás do campo de fútbol de Rubiáns. Aínda que de momento non está moi claro a orixe do lume, suponse que se debeu a un curtocircuíto.

A pesar de que os servizos contraincendios chegaron enseguida, o galpón queimouse por completo, xa que o habitáculo estaba cheo de produtos inflamables. Con todo, os operarios si puideron evitar que as chamas alcanzasen á vivenda, ocupada por unha familia xitana. Ningún de habitantes resultou ferido no suceso.

Os servizos contraincendios tardaron algo máis dunha hora en dar por finalizado o operativo.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.