venres, febreiro 16, 2007

O Concello de Vilagarcía anunciou onte que xa tomou o acordo de solicitar á Deputación de Pontevedra financiamento para acometer a mellora e creación de áreas infantís e deportivas en nove puntos do municipio das trinta que existen na actualidade, contestando deste xeito ao PP que o día antes queixábase de que o Concello non sumase a esta liña de axudas.

As actuacións propostas no que respecta ás áreas infantís para nenos de ata cinco anos afecta ás situadas nas inmediacións da casa de cultura de Cea e a igrexa parroquial, nas proximidades da escola infantil municipal da Lomba e na zona infantil de Rosaleda.

Na casa de cultura de Rubiáns, na Carballeira do Piñeiro e Zamar proponse a creación de áreas de xogo infantil para nenos de entre 3 e 14 anos.

Para o arco de idade entre 8 e 16 anos, o Concello tamén propón actuacións no parque Celso Emilio Ferreiro e A Xalda. Para rematar, o Concello solicita o valado perimetral da pista deportiva anexa ao parque xenérico da Fonte, en Trabanca Badiña.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.