venres, abril 28, 2006

O goberno local de Vilagarcía non tiña fío directo coa Consellería de Agricultura. Así o recoñeceu onte o concelleiro de Obras, Rodríguez Cuervo , quen tamén admitiu que desde que goberna o bipartito as cousas cambiaran para mellor. O edil entrevistouse o pasado mes de outubro co delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, que se comprometeu a ter en conta as necesidades no municipio. A raíz do encontro, a Xunta aprobou catro dos cinco proxectos presentados polo goberno vilagarcián. Todo iso tradúcese nun investimento de 160.000 euros, unha cifra que case triplica a investida por Agricultura nos últimos quince anos, que se limitou a 60.000 euros.

Os proxectos aprobados son os seguintes: saneamento en Lago, na parroquia de Cea, e en Freixo, no Rial, ademais de obras de pavimentación en Faxilde e a dun camiño que une os lugares de Balada e Soutelo, entre as parroquias de Rubiáns e Cornazo.

Para outra ocasión quedará o saneamento de Aralde, a única petición de Rodríguez Cuervo que non foi aprobada pola Consellería de Medio Rural.

O edil de Obras enumerou onte outras obras que se van a realizar este ano no municipio de Vilagarcía. Algunhas están incluídas no Plan Provincial de Cooperación, que destina 151.765 euros á pavimentación de camiños no miradoiro da Rosa, en Carril, e ao acceso ao cemiterio. Haberá tamén melloras de pavimentación en Carballido (Cea), nos Borrizos (Cornazo), en Trabanca Badiña e en Guillán. Tamén haberá investimentos na Manga (Renza) e na Rúa Pomariño, a urbanización que hai na subida de Lobeira.

Centro sociocultural

Tamén con subvencións da Deputación, a través do Plan Operativo Local, levará a cabo a ampliación do centro sociocultural de Carril, no que se investirán 215.000 euros. O Concello ten previsto investir 200.000 euros na mellora de saneamento de Arcebispo Lago, pero neste caso con cargo ás arcas municipais.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.