martes, marzo 14, 2006

O colectivo de veciños de Rubiáns de Arriba afectados polo inminente inicio das obras do acceso do Porto de Vilagarcía á Autoestrada do Atlántico deu onte un novo paso na súa mobilización para que o trazado sexa modificado. Os seus portavoces entregaron onte no rexistro municipal un escrito avalado por preto de 370 firmas solicitando do alcalde, Javier Gago, que emprenda as xestións precisas para conseguir toda unha serie de entrevistas cos responsables dos departamentos estatais implicados no proxecto.

As xestións ás que se refiren os veciños son a consecución dunha serie de reunións entre os responsables do Ministerio de fomento e os afectados. O colectivo quere que nelas participen os representantes da corporación municipal, e que os encontros se desenvolvan na propia capital arousá.

O escrito coas 370 rúbricas diríxese ao rexedor vilagarcián, pero tamén á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, á Secretaría de Estado de Infraestruturas e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. A exposición é común a todas as misivas: «Respecto diso do novo proxecto do acceso ao Porto de vilagarcía, pomos no seu coñecemento que este colectivo, composto por máis de trescentos veciños, mantivo nas últimas semanas reunións co xefe de Estradas do Estado, os grupos municipais e o alcalde. Froito deste traballo obtivemos un acordo unánime da corporación municipal, que lles remitimos coa presente».

Co acordo plenario que lles apoia na man, os afectados solicitan aos organismos mencionados que convoquen a reunión.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.