sábado, marzo 11, 2006

A Policía Local de Vilagarcía detivo onte ao mediodía a un home por intentar roubar, por segunda vez nesta semana, nunha nave industrial en Rubiáns. O detido foi identificado como J. L. A., de 39 anos de idade e nacionalidade portuguesa.

Os feitos ocorreron ao redor da unha da tarde, cando o propietario se achegou ao seu establecemento e comprobou que os cadeados estaban cortados e que no interior do local había un coche ocupado por unha persoa. O ocupante tratou de fuxir arremetendo contra os portalóns da nave co seu coche.

Ao non poder proseguir co seu vehículo, tratou de escapar a pé, pero se atopou coa resistencia do empresario quen se interpuxo no seu camiño. Nese momento foi cando o J. A. L. presuntamente colleu unha pedra dun muro próximo e golpeou ao empresario con ela.

Ante os seus berros, achegáronse ata o lugar os traballadores dunha nave próxima, que lle prestaron auxilio. Finalmente, o ladrón foi detido e posto a disposición xudicial.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.