A visita dos técnicos foi unha das medidas que xurdiu ao longo da entrevista mantida esta semana polo alcalde, Javier Gago, cos veciños aos que afecta o viario, cuxa construción debería ser unha realidade ao longo do ano que vén. Gago comprometeuse a mediar ante os representantes do ministerio para lograr, polo menos, que escoitasen as peticións veciñais e sondasen a viabilidade das súas propostas.
A principal queixa do colectivo céntrase nunha rotonda, que parte pola metade a aldea. No seu lugar, os veciños propoñen modificar os accesos ao Hospital do Salnés, ou no seu caso ao futuro polígono industrial de Baión, cun trazado que discorra a través dunha zona de monte.
(Fuente: La Voz De Galicia)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario