xoves, febreiro 09, 2006

Os veciños de Rubiáns de Arriba, afectados polas inminentes obras do enlace entre o Porto de Vilagarcía e a Autoestrada do Atlántico, serán recibidos polo xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a próxima semana.

O responsable do departamento estatal, Ángel González do Río, fixou o día 17 como data para unha entrevista que se desenvolverá na sede central do servizo en Galicia, situada na Coruña.

Esta convocatoria é froito das xestións realizadas polo rexedor vilagarcián, Javier Gago, quen recibiu ao colectivo veciñal o pasado luns na Casa Consistorial. O alcalde adquiriu entón o compromiso de xestionar unha reunión cos técnicos de Estradas do Estado, entidade responsable do proxecto e, polo tanto, de valorar a oportunidade de modificar ou non o trazado da vía. á cita acudirá, tamén, o técnico director das obras.

Por contra, a visita que onte realizou un equipo do departamento estatal á zona afectada pola rotonda do enlace non tivo que ver coas xestións do alcalde, senón coas iniciativas emprendidas directamente polos veciños. Os operarios puideron coñecer de primeira man as propostas do colectivo de afectados sobre as alternativas para trazar o viario portuario sen que este divida a aldea de Rubiáns de Arriba a través dunha gran rotonda.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.