mércores, febreiro 15, 2006

A policía nacional de Vilagarcía detivo a dous veciños da cidade de 23 anos acusados de dous roubos nunha empresa de Rubiáns da que levaron maquinaria.

O primeiro tivo lugar o 29 de xaneiro; os dous mozos, que son xemelgos, levaron diversa maquinaria industrial gardada dentro dunha furgoneta e de varias casetas nas que forzaron a porta.

O segundo roubo tivo lugar o 13 de febreiro, na mesma empresa. Nesta ocasión os irmáns accederon ao recinto valado e logo de romper as portas das casetas onde se almacenaba a maquinaria levaron diversos útiles, entre eles, unha máquina hidrolimpadora que arrastraron ata as proximidades do cemiterio da parroquia de Rubiáns, onde foi recuperada posteriormente pola policía. Na investigación os axentes localizaron tamén o resto da maquinaria que fora roubada.

Os acusados foron postos a disposición do xulgado de garda de Vilagarcía, que os deixou en liberdade con cargos.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.