Máis de douscentos asinantes solicitan unha entrevista con Gago para expor a súa queixa-
O proxecto está redactado, os trámites para a licitación da obra postos en marcha tras unha década de atraso, na que o documento durmiu nalgún caixón do gabinete Aznar. Agora, cando o enlace do Porto de Vilagarcía coa Autoestrada do Atlántico parecía cousa feita, un centenar de veciños do Lago-Rubiáns de Arriba, afectados polo trazado do novo viario, consideran que a actuación, tal e como figura nos papeis, vulnera gravemente o seu espazo vital e piden que se modifiquen os planos.
Os portavoces do colectivo presentaron onte no rexistro municipal de Vilagarcía máis de duascentas firmas como respaldo a un escrito que, ademais da a alcaldía, será remitido ao xefe da demarcación de Estradas do Estado en Galicia e á secretaria xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento. As rúbricas proceden de Rubiáns de Arriba, o, pero tamén de Zamar, As Quintáns, A Bouza e Agromao, lugares que en menor medida tamén se verán afectados pola construción da vía.
O que preocupa aos veciños é o feito de que unha das rotondas deseñadas ao longo da conexión portuaria, a que dará servizo ao Hospital do Salnés e ao futuro polígono de Baión, parte pola metade a aldea do Lago. O colectivo veciñal asegura que tanto esta estrutura como os viarios secundarios asociados a ela «modifica de forma decisiva a fisionomía deste contorna».
Respaldo de EU
En opinión dos afectados, que aseguran non combater a apertura do enlace, senón perseguir un trazado de menor impacto, existe unha alternativa relativamente sinxela: trasladar a vía cara ao sur, de forma que discorra a través dunha zona de monte sen efectos, polo tanto, para núcleos habitados. Contan, no seu empeño, co respaldo de Esquerda Unida, e piden a mediación de Gago para expolo ante Fomento.
(Fuente: La Voz)
0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):
Publicar un comentario