sábado, xaneiro 28, 2006

Axentes da Policía Local de Vilagarcía rastrexaron onte a zona de Rubiáns en busca dun home que perpetrara un roubo nunha mueblería da parroquia. O home introduciuse na tenda e dirixiuse a quen estaba no seu interior para pedirlle unha esmola que se ía a destinar, dicía, a unha asociación de sordomudos. Tras solicitar esa axuda, o home dixo sentir moita sede e pediu un pouco de auga. Mentres o responsable da tenda ía buscarlle un vaso, o descoñecido colleu un bolso que quedara ao alcance da súa man e deuse á fuga.

Un habitual

Durante a mañá de onte, tres coches non rotulados da Policía Local de Vilagarcía peitearon a zona para intentar localizar ao ladrón. Non deron con el, pero descubriron que ese home é xa un habitual por esa contorna. O venres xa se paseou por varios establecementos situados nesa entrada a Vilagarcía, e vinte minutos antes de cometer o roubo na mueblería tivera un encontrón co garda xurado do Hospital, que se viu obrigado a expulsalo das dependencias sanitarias.

Onte, as tarefas de procura, explicaba o concelleiro Alejandro Quintela, non deron os resultados esperados. Pero o responsable de Seguridade Cidadá confía en que pronto se deterá ao ladrón.

(Fuente: La Voz)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.