xoves, xaneiro 26, 2006

O presidente e portavoz de Independentes por Vilagarcía, José Luis Rivera, acaba de presentar unha nova solicitude ante a alcaldía. No seu labor de constatación dos problemas veciñais, Rivera faise eco da situación que ultimamente atravesa a estrada que une Rubiáns e Zamar.

«Camións dunha empresa constructura veñen transportando produtos sobrantes dun areal das Viñas, producindo verteduras sobre a calzada». Tendo en conta de que este tipo de restos constitúen un perigo importante para a circulación rodada, posto que incrementan o risco de inestabilidade dos vehículos, os independentes vilagarciáns piden á alcaldía que tome as medidas necesarias para «evitar estas verteduras e manter a calzada nas condicións de limpeza» que esixe a boa condución.

(Fuente: La Voz De Galicia)

0 comentarios (¡PULSA AQUÍ!):

Participa

INSCRIPCIÓN
*Ficha: engadir enderezo, teléfono, M² de exposición (ata 5m²) e número de asistentes ao xantar.